Concurso AECCA

II CONCURSO PURA RAZA ÁRABE-EQUIGAL

A doceava edición de “EQUIGAL – Salón  Internacional do Cabalo de Galicia”, abrirá  as súas portas no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo do 17 ao 19  e do 24 al 26 de maio de 2019. Debido ao interese que suscita este salón entre o público de Lugo e de toda Galicia tera lugar como todos os anos  a Exhibición de Salto de Obstáculos Cidade de Lugo e o Concurso Internacional de Cabalos e Eguas de Pura Raza Española puntuable para o campionato del mundo  A.N.C.C.E. Como novidades nesta edición vaise celebrar os XOGOS ECUESTRES FEDERADOS que son unha competición a nivel federativo de distintas disciplinas hípicas: Andadura, Enganches, Horseball, doma clásica, etc. e I Concurso Nacional de Cabalos de Pura Raza Árabe puntuable para o Campionato de España. Os xogos ecuestres federados son unha competición a nivel federativo co fin de fomentar as distintas disciplinas hípicas en xeral. Desenvólvense conforme aos Reglamentos da RFHE actualmente en vigor.

Dende o seu comezo no 2008, Equigal tivo un crecemento espectacular, consolidándose coma o Salón Ecuestre máis importante e un referente no noroeste de España, e que demostra unha clara evolución do sector ecuestre en Galicia como xerador de recursos económicos e emprego. Este certame está integrado no Calendario Oficial de Concursos PRE da Asociación Nacional de Criadores de Cabalos de Pura Raza Española (ANCCE) que permite que conte cun gran prestixio a nivel nacional e internacional avalado polas exportacións de cabalos das súas ganderías a diversos países de Europa e América. Este ano como novidade incorpórase un Concurso de Cabalos de Pura Raza Árabe puntuable para o campionato de España

Para este sector é imprescindible contar co apoio e esforzo de todas as institucións e actores da sociedade xa que que en xeral o sector primario é fundamental para Galicia e o sector equino ten un gran potencial de volume de negocio . Entorno ao cabalo español gravitan diversos sectores de capital importancia, en concreto, os relacionados con eventos, concursos e certames dedicados ao cabalo de Pura Raza Española, a compra-venta de exemplares, a venda de semen para o exterior, destinado a mellorar tanto á propia raza como a doutras cabanas gandeiras, etc.

Indirectamente tamén xera altas cifras de negocio en campos como o da nutrición, a maquinaria agrícola, empresas relacionadas coa fabricación de infraestruturas: boxes, peches de finca, acondicionamento de cuadras, sen esquezernos do ámbito veterinario, o sector da guarnicionería e artigos para a equitación.

Aínda que Galicia é unha comunidade de recente tradición nos Cabalos de Pura Raza, xa é notoria a presenza do mesmo a través de importantes ganderías. Nos últimos anos Galicia destaca por ser unha das comunidades españolas que máis incrementou o número de exemplares de esta raza nas súas ganderías. En concreto o incremento da cabana galega multiplicouse por tres nos últimos anos. De aí o interese por albegar un salón dedicado a esta raza de cabalos.

Equigal, asegura ano tras ano un éxito de participación e público, superando nos últimas anos os 16.000 visitantes.

DESENVOLVEMENTO DO SALÓN EQUIGAL 2019

 Os concursos desenvolveranse no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo que dispón de máis 10.000 m2 e unha ampla zona exterior axardiñada lugar idóneo para o quentamento e acondicionamento dos animais. Nun pavillón instalaranse a pista de concurso  cunhas dimensións de 60 m x 27 m e a pista de ensayo de 40 m x 20 m, ambas realizadas con xeotextil.

Galería de Imágenes (click en la imagen para ampliar)